A orografía dun país como Galiza, onde a abundancia hidrográfica faise patente, obrigou ó home a adaptar os seus desprazamentos a esta particularidade. A utilización de estructuras artificiais para salvar vanos e humedais é moi común e ven dende moi antigo, algúns autores sitúano no Neolítico.