Don Manuel Rolán Pazos nado en Servoi (Castrelo do Val) en 1817 era fillo de D. Martín Rolán e Dª Manuela Pazos. Era avogado de profesión e polo menos dende 1843 residía en Alongos no barrio do Prado. Posuía tamén un muíño en Fonte Larelle, onde lle entraron a roubar a finais de xaneiro de […]
Na campaña electoral para as Cortes españolas de marzo de 1914 visitou Moreiras o candidato conservador polo distrito de Ribadavia (daquela pertencía a este Toén) Don José Estévez Carrera. O que foi todo un acontecemento no lugar. Segundo conta un veciño de Moreiras anos despois no xornal La Región o señor candidato deu un mitin […]
En febreiro de 2020 un membro da asociación Amigos do Patrimonio de Toén achou nun eido seu unha pequena placa de bronce cuns gravados. Co fin de contextualizar a peza contactou co arqueólogo salmantino Carlos Tejerizo, do grupo “Sputnik Labrego”, que o puxo sobre a pista de que podería tratarse dun resto suevo-visigótico. O seguinte […]
O febreiro pasado membros da asociación Amigos do Patrimonio de Toén descubriron unha mámoa sen catalogar na paraxe das Sete Buratas (Cartelle), e o pasado 14 de outubro foi inventariada por Patrimonio.
O túmulo atópase moi perto do linde entre os concellos de Cartelle e Toén, situado nun coto que fai del un lugar doado de identificar na paisaxe. Esta situación levou ó arqueólogo Manuel García Valdeiras (encargado de inventarialo) a deducir que este poido ter unha función de marco de término, o que seguramente axudou a que se conservara ata os nosos días.
A verdade é que o lume non descubriu nada que non souberamos. Aló polo 2014, nunha das saídas ó monte que facíamos Pablo Sabucedo e máis eu, chamáranos a atención un sospeitoso montículo naqueles terreos chairos, que, tras unha ollada rápida, comprobamos que podía tratarse dunha mámoa. O primeiro que vimos foron numerosos amoreamentos de […]
Entre as numerosas lendas de Mouras que hai en Galicia hai un tipo de historia moi particular, que se repite por todo o país, que é a da “Tenda da Moura”. Unha muller fermosísima aparécese ante un mozo que vai por un camiño expondo unha sabana (a tenda) chea de tesouros.
O túmulo da Medoña, a diferenza doutros lugares próximos coma a Costoira ou o Castro de Trelle, borrouse totalmente da memoria dos nosos devanceiros e só quedou dela o nome que lle deu ao monte. Con esa referencia toponímica Pablo e David Sabucedo comezaron os traballos de busca alá polo 2013-2014, e tras pensar nun principio que xa estaba desaparecida, demos con ela por casualidade. Ao ser o terreo chairo o montículo que fai a estrutura chamou de seguido a nosa atención. Só cunha ollada rápida vimos numerosos anacos de granito que se podían corresponder con restos da coroza da mámoa, e ao acceder a cima da mesma atopamos o cono de violación que nos permitiu ver as antas dos dolmen, e ao fin ter a certeza do nosos achádeo. O paso dos anos trouxo que a vexetación que o rodeaba e cubría medrara e agochando á vista a Medoña.
Cando a finais de 2019 formouse o grupo de Amigos do Patrimonio de Toén comezamos as tarefas para catalogalo, informando no concello do achádeo e sendo unha das tarefas principais da asociación a súa posta en valor. Traballos que a pandemia do covid interrompeu ata que o lume do 7 de agosto nos obrigou a intervir de urxencia.