A mámoa das Lameiras

En opinión do arqueólogo García Valeiras non sería raro atopar algunha outra no lugar, de feito o estraño sería que non as houbera.

Descubertos os primeiros petroglifos do concello de Toén

Para min unha das mellores novas dos últimos días foi a confirmación, por parte do noso compañeiro Pablo Novoa Álvarez, que as coviñas que apareceron no marco da Portela de Lameiras trátanse sen dúbida algunha de petroglifos. Vai máis dun lustro que as vin por primeira vez e sempre estiven agardando esta nova.

A mámoa das Sete Buratas

O febreiro pasado membros da asociación Amigos do Patrimonio de Toén descubriron unha mámoa sen catalogar na paraxe das Sete Buratas (Cartelle), e o pasado 14 de outubro foi inventariada por Patrimonio.

O túmulo atópase moi perto do linde entre os concellos de Cartelle e Toén, situado nun coto que fai del un lugar doado de identificar na paisaxe. Esta situación levou ó arqueólogo Manuel García Valdeiras (encargado de inventarialo) a deducir que este poido ter unha función de marco de término, o que seguramente axudou a que se conservara ata os nosos días.

Atopada unha placa de bronce dun cinturón da época sueva

En febreiro de 2020 un membro da asociación Amigos do Patrimonio de Toén achou nun eido seu unha pequena placa de bronce cuns gravados. Co fin de contextualizar a peza contactou co arqueólogo salmantino Carlos Tejerizo, do grupo “Sputnik Labrego”, que o puxo sobre a pista de que podería tratarse dun resto suevo-visigótico. O seguinte […]

Pinturas Sta. María de Mugares

Mugares e o Pintor de Banga

A historia de Mugares, está marcada pola pegada do promotor da igrexa de Santa María, Bartolomé García de Baamonde, un clérigo singular que é identificado por José Manuel Iglesias como o Pintor de Banga. A importancia desta figura, radica no feito de que con ela iníciase o desenvolvemento da pintura manierista en Galicia.

O cura liberal

Na campaña electoral para as Cortes españolas de marzo de 1914 visitou Moreiras o candidato conservador polo distrito de Ribadavia (daquela pertencía a este Toén) Don José Estévez Carrera. O que foi todo un acontecemento no lugar. Segundo conta un veciño de Moreiras anos despois no xornal La Región o señor candidato deu un mitin […]

Mámoa de A Medoña
Mámoa de A Medoña
Mámoa de A Medoña
Mámoa de A Medoña
Río de Puga

O río de Puga

O río de Puga é tamén coñecido por moitos como o río de Larelle, a súa fonte principal está nos montes entre as parroquias de Trelle e Moreiras. Ó longo do seu percorrido vai recollendo as augas de diversos manantiais, pero os regatos que máis caudal lle aportan son: o Regato da Vella, que se une co río de Puga no mesmo monte onde nace,

O castro de Trelle

En agosto de 2009 saía nos medios locais, e incluso estatais, a noticia dos desperfectos causados na muralla do Castro de Trelle durante unha corta de madeira facer unha corta naquel lugar, cando os gardas pedíronlle explicacións aos traballadores, que eran do lugar, estes argumentaron que descoñecían a existencia dun castro naquel lugar.

A toponimia, unha fiestra ó pasado.

Os topónimos son frecuentemente o resultado dun proceso creativo, unha interpretación subxectiva dos habitantes locais ao momento de nomear. A miúdo sobreviven aos cambios na paisaxe local, converténdose así en documentos históricos da dinámica da paisaxe ou cambios no uso da terra.

Riquichín . O bandoleiro de Puga – II

Aínda que non sabemos si o atraco ao cura de Macendo foi a primeira actuación delituosa de Riquichín, si temos constancia pola prensa da época de que non foi a única nin a máis violenta. Despois de dita empresa, Emilio Ferreiro Pérez (Riquichín), foi requirido sen éxito en varias ocasións polo Xuíz de instrución de […]

Riquichín. O bandoleiro de Puga – I

“O cura usureiro”, así titulaba na súa edición do 8 de abril de 1891 «O Liberal: órgano democrático de la Isla de Menorca» a crónica que facía referencia ao cura de Macendo, D. Juan Antonio Conde, acusado de defender e practicar a usura. A sentenza do tribunal eclesiástico de Ourense, aparte de condenalo a facerse cargo das costas do proceso, incluía a perda de todos os seus beneficios e a declaración de infame.

Radio Tarabela

Lendas do folclore do Concello de Toén
Twitter
Facebook
Twitter

A tenda da Moura (Quenlle)

Entre as numerosas lendas de Mouras que hai en Galicia hai un tipo de historia moi particular, que se repite por todo o país, que é a da “Tenda da Moura”. Unha muller fermosísima aparécese ante un mozo que vai por un camiño expondo unha sabana (a tenda) chea de tesouros.

Tradición oral

Tradición oral

Durante miles de anos antes da invención da escritura, que é un fenómeno relativamente recente na historia da humanidade, a tradición oral serviu como o único medio de comunicación dispoñible para formar e manter sociedades e as súas institucións.

Megalitismo

Megalitismo

Aínda que algúns aspectos da difusión e o desenvolvemento dos monumentos megalíticos aínda están en debate, en España, Portugal e a costa mediterránea a máis antiga das tumbas de pedra ciclópeas foi probablemente o dolmen .

Psiquiátrico de Toén - Moreiras

A fotografía como patrimonio

Cada segundo, cada “instante” que diría Cartier-Bresson, xéranse millóns de fotografías que en tempo real son difundidas a través das redes sociais e dos medios, e que por tanto circulan cumprindo diferentes propósitos.