Cada vez somos máis os que creemos que a mellor defensa do patrimonio natural é a concienciación, pero por desgracia hai persoas que non están dispostas a romper coas suas rutinas, e unha das rutinas máis habituais e perxudiciais é a de botar o lixo no monte. O monte reséntese cada vez que abandonamos nel lixo, lixo que, en moitas ocasións, acaba nos ríos, lagos e mares onde é moito máis difícil de retirar.
Tras a prevención do abandono de residuos en contornas naturais, atallar o problema o máis preto posible de onde se produce, como é o caso dos bosques e do monte, é a mellor maneira de evitar males maiores. E é que abandonar lixo na natureza ten as súas consecuencias.
Nas nosas máns está facer do monte un espazo libre de lixo e denunciar a aquelas persoas que fan caso omiso das normas cívicas e da lexislación vixente.
#xogalimpo
#sevesdenuncia
Basura no monte NON!
Re: Basura no monte NON!
Tristemente, a única concienciación que parecemos entender e a que nos toca ó bolsillo.
Así nos vai!
Así nos vai!
