Don Manuel Rolán Pazos nado en Servoi (Castrelo do Val) en 1817 era fillo de D. Martín Rolán e Dª Manuela Pazos. Era avogado de profesión e polo menos dende 1843 residía en Alongos no barrio do Prado. Posuía tamén un muíño en Fonte Larelle, onde lle entraron a roubar a finais de xaneiro de […]
Na campaña electoral para as Cortes españolas de marzo de 1914 visitou Moreiras o candidato conservador polo distrito de Ribadavia (daquela pertencía a este Toén) Don José Estévez Carrera. O que foi todo un acontecemento no lugar. Segundo conta un veciño de Moreiras anos despois no xornal La Región o señor candidato deu un mitin […]
En febreiro de 2020 un membro da asociación Amigos do Patrimonio de Toén achou nun eido seu unha pequena placa de bronce cuns gravados. Co fin de contextualizar a peza contactou co arqueólogo salmantino Carlos Tejerizo, do grupo “Sputnik Labrego”, que o puxo sobre a pista de que podería tratarse dun resto suevo-visigótico. O seguinte […]
O febreiro pasado membros da asociación Amigos do Patrimonio de Toén descubriron unha mámoa sen catalogar na paraxe das Sete Buratas (Cartelle), e o pasado 14 de outubro foi inventariada por Patrimonio.
O túmulo atópase moi perto do linde entre os concellos de Cartelle e Toén, situado nun coto que fai del un lugar doado de identificar na paisaxe. Esta situación levou ó arqueólogo Manuel García Valdeiras (encargado de inventarialo) a deducir que este poido ter unha función de marco de término, o que seguramente axudou a que se conservara ata os nosos días.
A verdade é que o lume non descubriu nada que non souberamos. Aló polo 2014, nunha das saídas ó monte que facíamos Pablo Sabucedo e máis eu, chamáranos a atención un sospeitoso montículo naqueles terreos chairos, que, tras unha ollada rápida, comprobamos que podía tratarse dunha mámoa. O primeiro que vimos foron numerosos amoreamentos de […]
Entre as numerosas lendas de Mouras que hai en Galicia hai un tipo de historia moi particular, que se repite por todo o país, que é a da “Tenda da Moura”. Unha muller fermosísima aparécese ante un mozo que vai por un camiño expondo unha sabana (a tenda) chea de tesouros.
A historia de Mugares, está marcada pola pegada do promotor da igrexa de Santa María, Bartolomé García de Baamonde, un clérigo singular que é identificado por José Manuel Iglesias como o Pintor de Banga. A importancia desta figura, radica no feito de que con ela iníciase o desenvolvemento da pintura manierista en Galicia.
Aínda que non sabemos si o atraco ao cura de Macendo foi a primeira actuación delituosa de Riquichín, si temos constancia pola prensa da época de que non foi a única nin a máis violenta. Despois de dita empresa, Emilio Ferreiro Pérez (Riquichín), foi requirido sen éxito en varias ocasións polo Xuíz de instrución de […]
“O cura usureiro”, así titulaba na súa edición do 8 de abril de 1891 «O Liberal: órgano democrático de la Isla de Menorca» a crónica que facía referencia ao cura de Macendo, D. Juan Antonio Conde, acusado de defender e practicar a usura. A sentenza do tribunal eclesiástico de Ourense, aparte de condenalo a facerse cargo das costas do proceso, incluía a perda de todos os seus beneficios e a declaración de infame.
O río de Puga é tamén coñecido por moitos como o río de Larelle, a súa fonte principal está nos montes entre as parroquias de Trelle e Moreiras. Ó longo do seu percorrido vai recollendo as augas de diversos manantiais, pero os regatos que máis caudal lle aportan son: o Regato da Vella, que se une co río de Puga no mesmo monte onde nace,