A Banqueta de Gradeira

Según comentan os mais vellos: “está alí dende sempre, e era o camiño de a pé para o acceso a dito pozo do que se servía o núcleo das Quintas”.

A Banqueta de Gradeira

30/01/2021
Antón Gil

A orografía dun país como Galiza, onde a abundancia hidrográfica faise patente, obrigou ó home a adaptar os seus desprazamentos a esta particularidade. A utilización de estructuras artificiais para salvar vanos e humedais é moi común e ven dende moi antigo, algúns autores sitúano no Neolítico. De todos é coñecido o topónimo “Poldra”, denominación que según a RAG refírese a “Cada unha das pedras que se colocan en fila nunha corrente de auga, para poder atravesala a pé”. O uso de ese termo é moi común en toda a toponimia galega: Vilariño das Poldras, Ponte das Poldras, Refuxio das Poldras, etc. Para atravesar zonas de difícil acceso o home desenrolou una serie de estruturas , unhas máis monumentáis que outras pero que ó cabo desempeñaban a mesma función, facer os seus desprazamentos máis sinxelos.

No Concello de Toén, en Gradeira, existe unha mostra moi interesante deste tipo de construción tradicional, denominada “A Banqueta”. Sen dúbida diminutivo de banco, “Estructura alongada e estreita, sen respaldo, que sirve para o descanso”. Neste caso a súa función é permitilo tránsito das persoas, cousa que queda testemuñada ó observar o desgaste das súas lousas. Situada entre A Gradeira e o S. Xoán, trátase dunha pasadela que permite o acceso a unha fonte/puzo, hoxe en desuso. Cunha lonxitude de 43 m. e un ancho e altura media de 0.50X 0.60 m. sirve como illante dun terreo moi enchoupado no período de choivas. O camiño do que forma parte une o lugar das Quintas co Casar. Está formada por 102 bloques poligonais de diferentes dimensións. Unha curiosidade a destacar é que, empezando a camiñar dende As Quintas, na primeira pedra atopamos 3 coviñas (incisións en forma circular) e na derradeira unha única (sería desexable un estudo sobre o seu siñificado). A día de hoxe os derradeiros 20 m están cubertos pola maleza.

Según comentan os mais vellos: “está alí dende sempre, e era o camiño de a pé para o acceso a dito pozo do que se servía o núcleo das Quintas”. Actualmente atópase colmatada polo arrastre da terra, deixando ver só as pedras que arrodeban o pozo. Según comentan os veciños: “as mulleres utilizaban as lousas para facela colada frotando as pezas de roupa contra elas”.
Hoxe en día, dito paso atópase en litixio pola pretensión dun veciño de pechar o acceso ó dito camiño, o que sen dúbida algunha condearía a esta obra da arquitectura popular a mergullarse un pouco máis no esquecemento…”

Localización: 42º30’ 49”- 7º93´53”