Os petroglifos de Portela de Lameiras

Confirmamos que as coviñas que apareceron no marco da Portela de Lameiras son petroglifos.

Riquichín . O bandoleiro de Puga – II

Aínda que non sabemos si o atraco ao cura de Macendo foi a primeira actuación delituosa de Riquichín, si temos constancia pola prensa da época de que non foi a única nin a máis violenta. Despois de dita empresa, Emilio Ferreiro Pérez (Riquichín), foi requirido sen éxito en varias ocasións polo Xuíz de instrución de […]

Riquichín. O bandoleiro de Puga – I

“O cura usureiro”, así titulaba na súa edición do 8 de abril de 1891 «O Liberal: órgano democrático de la Isla de Menorca» a crónica que facía referencia ao cura de Macendo, D. Juan Antonio Conde, acusado de defender e practicar a usura. A sentenza do tribunal eclesiástico de Ourense, aparte de condenalo a facerse cargo das costas do proceso, incluía a perda de todos os seus beneficios e a declaración de infame.

O río de Puga

O río de Puga é tamén coñecido por moitos como o río de Larelle, a súa fonte principal está nos montes entre as parroquias de Trelle e Moreiras. Ó longo do seu percorrido vai recollendo as augas de diversos manantiais, pero os regatos que máis caudal lle aportan son: o Regato da Vella, que se une co río de Puga no mesmo monte onde nace, ten as fontes nos Castros de Trelle e apórtalle moita auga xa no principio ó de Puga, por eso se di que o que nace nos Castros é o de Puga; máis abaixo únese ó regato dos Castros, que pasa por Trelle; e na Tronca xúntase co Regato de Xestosa.

Pinturas Sta. María de Mugares

Mugares e o Pintor de Banga

A historia de Mugares, está marcada pola pegada do promotor da igrexa de Santa María, Bartolomé García de Baamonde, un clérigo singular que é identificado por José Manuel Iglesias como o Pintor de Banga. A importancia desta figura, radica no feito de que con ela iníciase o desenvolvemento da pintura manierista en Galicia.

A banqueta de Gradeira

A Banqueta de Gradeira

A orografía dun país como Galiza, onde a abundancia hidrográfica faise patente, obrigou ó home a adaptar os seus desprazamentos a esta particularidade. A utilización de estructuras artificiais para salvar vanos e humedais é moi común e ven dende moi antigo, algúns autores sitúano no Neolítico.

Mámoa de A Medoña
Mámoa de A Medoña
Mámoa de A Medoña
Mámoa de A Medoña
Penedo Fendido - Mugares

Patrimonio natural, unha parte integral da nosa vida.

O patrimonio natural está constituído por monumentos naturais, formacións físicas, biolóxicas, xeolóxicas e fisiográficas, así como zonas que son o habitat de especies animais ou vexetais ameazadas e os lugares ou áreas estritamente delimitadas, que teñan un valor excepcional desde o punto da vista da ciencia, da conservación ou da beleza natural.

O castro de Trelle

En agosto de 2009 saía nos medios locais, e incluso estatais, a noticia dos desperfectos causados na muralla do Castro de Trelle durante unha corta de madeira facer unha corta naquel lugar, cando os gardas pedíronlle explicacións aos traballadores, que eran do lugar, estes argumentaron que descoñecían a existencia dun castro naquel lugar.

A toponímia, unha fiestra ó pasado.

Os topónimos son frecuentemente o resultado dun proceso creativo, unha interpretación subxectiva dos habitantes locais ao momento de nomear. A miúdo sobreviven aos cambios na paisaxe local, converténdose así en documentos históricos da dinámica da paisaxe ou cambios no uso da terra.

Aquelas frases que escoitaba cando neno.

Todos temos algún recordo da nosa infancia marcado por unha frase, unha adiviña, un conto ou quizais unha canción. Qué non lembra sentencias tan socorridas como “outra vaca no millo”, “xente nova e leña verde todo e fume” ou “quen ten cu ten medo”, moitas delas percorreron un longo camiño para chegar vivas ós nosos días, mentres que outras tantas perdéronse na noite dos tempos.

A punta Levallois de A Piteira

A punta achada no xacemento de A Piteira, que hoxe se atopa no Museo Arqueolóxico de Ourense, é unha peza fabricada sobre cuarcita (canto rodado fluvial) de gran moi fino, con percutores brandos, con reserva na súa base (o que a fai atípica), con anchura na súa base de 47 mm, unha altura (desde o vértice á base) de 57 mm e un grosor máximo de 14 mm. O seu peso é de 39,5 gr. As súas medidas triangulares son: : 60 mm, 54 mm e 47 mm.

Atopouse nunha das campañas realizadas no clásico xacemento da Piteira (Toén),

Radio Tarabela

Lendas do folclore do Concello de Toén
Twitter
Facebook
Twitter

A tenda da Moura (Quenlle)

Entre as numerosas lendas de Mouras que hai en Galicia hai un tipo de historia moi particular, que se repite por todo o país, que é a da “Tenda da Moura”. Unha muller fermosísima aparécese ante un mozo que vai por un camiño expondo unha sabana (a tenda) chea de tesouros.

Tradición oral

Tradición oral

Durante miles de anos antes da invención da escritura, que é un fenómeno relativamente recente na historia da humanidade, a tradición oral serviu como o único medio de comunicación dispoñible para formar e manter sociedades e as súas institucións.

Megalitismo

Megalitismo

Aínda que algúns aspectos da difusión e o desenvolvemento dos monumentos megalíticos aínda están en debate, en España, Portugal e a costa mediterránea a máis antiga das tumbas de pedra ciclópeas foi probablemente o dolmen .

Psiquiátrico de Toén - Moreiras

A fotografía como patrimonio

Cada segundo, cada “instante” que diría Cartier-Bresson, xéranse millóns de fotografías que en tempo real son difundidas a través das redes sociais e dos medios, e que por tanto circulan cumprindo diferentes propósitos.