Descubertos os primeiros petroglifos do concello de Toén

Descubertos os primeiros petroglifos do concello de Toén

03/03/2021
Antón Gil

Para min unha das mellores novas dos últimos días foi a confirmación, por parte do noso compañeiro Pablo Novoa Álvarez, que as coviñas que apareceron no marco da Portela de Lameiras trátanse sen dúbida algunha de petroglifos. Vai máis dun lustro que as vin por primeira vez e sempre estiven agardando esta nova.

Todos nos preguntamos ao contemplalos que pode significar uns buratos nunhas pedras, e a verdade que é complicado, por non dicir imposible, dar unha explicación exacta. En primeiro lugar porque a xente que os fixo tiña un pensamento moi diferente ao actual, o seu xeito de vivir a vida e a relación que tiñan co espazo natural non entraría seguramente nos esquemas dos actuais habitantes da terra, e en segundo lugar porque existen tantas teorías coma autores, polo que catagorizalos nunha explicación concreta paréceme arriscado.

Este tipo de representacións forman parte do chamado arte rupestre. Ó longo da historia a investigación sobre ela, tanto nos seus orixes coma o seu posible significado, foi variando segundo o autor e a época. Dende que o Padre Sarmiento no seu “Viaje por Galicia” (s.XVIII) falara de cruciformes e gravados nas rochas ata hoxe en día as teorías fóronse adaptando ao pensamento existente en cada momento e a evolución da disciplina arqueolóxica. No presente, segundo a maioría de investigadores, estas representacións forman parte da paisaxe arqueolóxica, que ven sendo esto? Pois nin máis nin menos que a organización do hábitat. As sociedades con asentamentoa non permanentes definen o territorio con marcas en puntos fixos e prominentes.
A maioria de petróglifos atopados en Galicia están encadrados na prehistoria recente (2500-500 a. C.) aínda que o seu emprego continuou ata a Idade Media. Ferro Couselo definía nos anos 50 do século pasadoque istes debuxos na pedra servirían coma delimitadores administrativos, baseándose en documentos do século X onde fan renferebcia ao emprego de “burgarios” (Coviñas) coma límites de devesas, brañas, etc.

Como de momento non contamos cunha datación dos mesmos para podelos encadrar, teremos que conformarnos con saber que o noso municipio conta no seu patrimonio con este tipo de arte antiga. En breve presentaremos outra gravadura atopada recentemente entre Larelle e Xestosa no lugar chamado Monte Miau.