A tenda da Moura (Quenlle)

Entre as numerosas lendas de Mouras que hai en Galicia hai un tipo de historia moi particular, que se repite por todo o país, que é a da “Tenda da Moura”.

Unha muller fermosísima aparécese ante un mozo que vai por un camiño expondo unha sabana (a tenda) chea de tesouros, ela pregúntalle ao cristián co que se atopa: Que che gusta máis? (por ela ou os obxectos de ouro que ensina) sempre haina que escoller a ela e non o tesouro, pois en caso contrario perderás a riqueza e pode que algo máis…

No Concello de Toén temos un exemplo deste mito no lugar de Quenlle, recollida por Ana Lorenzo da súa avoa:

“Miña avoa Benilde falábame dun mozo que ía recoller ou sementar o centeo en Quelle (os de Quelle para ir o monte pasaban pola Fonte do Lugar) e que había unha pedra na que estaba tomando o sol unha moura rubia de pelo longo, e que estaba cuns obxectos ao seu redor, que eran un cofre de ouros e máis tesouros; e o rapaz falaba con ela porque era moi guapa, e a moura dicíalle que se escollía ben entre ese tesouros, o de máis fermosura, casaba con el e sería rico.”