A tenda da Moura (Quenlle)

Entre as numerosas lendas de Mouras que hai en Galicia hai un tipo de historia moi particular, que se repite por todo o país, que é a da “Tenda da Moura”. Unha muller fermosísima aparécese ante un mozo que vai por un camiño expondo unha sabana (a tenda) chea de tesouros.

A agulla do demo

Os monxes benedictinos do mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, en Nogueira de Ramuín tiñan interese na construción dunha ponte que lles permitise atravesar os ríos Sil e Cabe para acurtar as distancias entre Ourense e Monforte facendo deste xeito máis fáciles as idas e vindas dos seus recadadores. Insistiron ante o Rei […]

As conchas de Santiago

Despois de que Santiago fose degolado, os seus discí­pulos recolleron o seu corpo e puxérono encima dunha barca de pedra. Navegando chegaron ás costas de Galicia a un lugar onde habí­a unha festa polo casamento do fillo do señor. Habí­a gran alegrí­a e, entre outros festexos, había unha proba na que os participantes demostraban a […]

A Princesa D’A Barbança

En tempos da conquista romana chegou a Barbança unha cohorte de tropas que puxeron en alerta aos celtas de Touta. A defensa dos celtas era impenetrable para os militares romanos. Despois de moitas loitas, os romanos pagaron a un traidor e lograron coller prisioneira á filla do rei de Touta. Pedí­an a cambio da súa […]

A pedra de abalar

Segundo a lenda a Nai de Deus arribou á “Costa da Morte” nos primeiros anos do cristianismo e os restos da súa embarcación atópanse esparexidos por esta zona. Cóntase que a famosa pedra de Abalar era o temón da barca sobre a que chegou a Virxe e que esta pedra non se move a vontade, […]

A lagoa de Doniños

Antigamente, no concello de Serantes, habí­a unha vila chamada Doniños habitada por pagáns fóra dunha parella que tení­an a súa casa algo apartada. Pasou por alí­ Noso Señor pedindo aloxamento onde habí­a máis abundancia pero arroxáronlle de alí­ con caixas destempladas. Con todo, a nosa parella convidouno a pasar á súa cabana, déronlle a súa […]

A lagoa de Cospeito

En Cospeito, na saia da montaña pequena que forma o val, hai unha lagoa que chaman “dos patos”, e máis vulgarmente a lagoa de Valverde. E á beira dela, no alto, levántase a ermida da Virxe do Monte, que é de moito renome e visitada pola xente da comarca. Din que no sitio onde hoxe […]

O tío Bufo e o trasno

Contaban os vellos de San Pedro de Moreiras que fai moitos anos un trasno aparecía polas noites na casa dun parroquiano, coñecido coma o tío Bufo, e íalle a enredar nas fabas e non o deixaba durmir. Un día o home farto das malfeitorias do diaño deixoulle unha cunca con semente miuda e a noite […]

A pena da Costoira

Preto da parroquia de Moreiras atópase a Pena da Costoira. Nela, contaban os vellos que antigamente vivían os mouros. Na pena inda se pode ver unha especie de pía onde a moura se peiteaba, tamén están gravados nesas penas o pé do mouro e da moura e maila ferradura dunha das súas bestas, e abaixo […]

A señorita do castro de Trelle

Nos castros de Trelle, unha mañá de San Xoán, unha moza que ía para Ourense atopou unha señorita descoñecida, vestida de seda e cuns cabelos dourados que lle chegaban á cintura, e a señorita díxolle: -De hoxe nun ano, si queres ser rica, antes de raiar o sol, vés por aquí, e dende a cima […]