O tío Bufo e o trasno

Contaban os vellos de San Pedro de Moreiras que fai moitos anos un trasno aparecía polas noites na casa dun parroquiano, coñecido coma o tío Bufo, e íalle a enredar nas fabas e non o deixaba durmir. Un día o home farto das malfeitorias do diaño deixoulle unha cunca con semente miuda e a noite cando o trasno andaba enredando pola casa tirouna, e o home díxolle:

-Anda carallo, agora demo apaña aí!

Despois diso contan que o trasno non volveu aparecer.

Bibliografía
David Sabucedo Cardero.
Observacions: Información sacada dos contos que me contaba meu avó así coma do Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza, A freguesía de San Pedro de Moreiras (Toén), 1929.