En Cospeito, na saia da montaña pequena que forma o val, hai unha lagoa que chaman “dos patos”, e máis vulgarmente a lagoa de Valverde. E á beira dela, no alto, levántase a ermida da Virxe do Monte, que é de moito renome e visitada pola xente da comarca.
Din que no sitio onde hoxe en día está a lagoa, había unha vila que lle chamaban Vila de Valverde, que era moi importante. Parece ser que un bo día chegou a ela un pobre pedindo pousada ou aínda que fóra, algún alpendre onde pasar aquela noite. Moitos afirman que era un pobre home que ía polas portas do mundo, outros que era a mismísima Virxe en persoa, pero disfrazada. O caso é que ninguén tenía mágoa daquel pobre, e á vista do caso, marchouse do poboado e foise a unha casiña que había en a ladeira do monte onde vivía unha familia que tamén era moi pobre, aínda que honra non lles faltaba. E esta familia recibiulle de moi bo grao.
Como non tenían apenas que comer, determinaron matar a única tenreira que quedaba para poder darlle para cear ao pobre. Unha vez terminaron para cear, o pobre pediulles que os ósos grandes botásenos nunha cuadra, e os ósos pequenos noutra. Ao día seguinte, ben cedo se levantou o pobre e empezou a chamar polo dono da casa e instándolle a ordeñar as vacas e pór os tenreiros a mamar. O dono seguiu durmindo e non lle fixo ningún caso, pero o pobre seguína gritando o mesmo, e o dono negábase e lle decía:
Como vou a ordeñar as vacas e botar os becerros a mamar , home de Deus, se a única tenreira que tenía mateina de víspera para facer a cea de todos?.
E o pobre contestou:
Tan certo é que tes becerros e vacas como que a vila de Valverde afundiuse nas augas.
E con isto, o pobre desapareceu e non se lle viu máis.
O amo e a súa familia saíron pola porta e viron que, tal e como dixo aquel pobre, a Vila de Valverde afundiuse en castigo polo mal que lle habían tratado. E logo foron ás cuadras e atoparon que, naquela onde habían botado os ósos grandes había vacas e onde habían botado os ósos pequenos había tenreiras. Eles puxéronse moi contentos. Pero no sitio da Vila de Valverde, todo era unha gran lagoa, e no alto do monte había unha capela cunha imaxe da Virxe, que por atoparse nese lugar quedou o nome da Virxe do Monte.
Hai algúns anos, todavía contaban que alá nas profundidades da lagoa e cando chegaban as sequías do verán, víanse as chemineas dalgunhas casas afundidas e tamén a torre da Igrexa, e hai quen di que até se ouvínan as campás daquela desgraciada Vila de Valverde.