A pedra de abalar

Segundo a lenda a Nai de Deus arribou á “Costa da Morte” nos primeiros anos do cristianismo e os restos da súa embarcación atópanse esparexidos por esta zona.

Cóntase que a famosa pedra de Abalar era o temón da barca sobre a que chegou a Virxe e que esta pedra non se move a vontade, senón que o fai  en determinados momentos, sendo crenza xeral que só se axita cando os que están sobre ela atópanse libres de pecado mortal, ouvíndose o ruído provocado en, polo menos, un quilómetro á redonda.