As conchas de Santiago

Despois de que Santiago fose degolado, os seus discí­pulos recolleron o seu corpo e puxérono encima dunha barca de pedra. Navegando chegaron ás costas de Galicia a un lugar onde habí­a unha festa polo casamento do fillo do señor. Habí­a gran alegrí­a e, entre outros festexos, había unha proba na que os participantes demostraban a súa destreza arroxando unha lanza e volvéndoa a recoller sin que tocase o chan, mentres galopaban a lomos dun cabalo. Un dos participantes era o noivo que de súpeto viu como o seu cabalo dirixíase ao mar e afundíndose baixo as augas.

Todos viron o prodixio e como ao chegar á barca cabalo e cabaleiro saíron sen dano das augas. Ao volver a terra e pisar a praia, todos viron que tení­aos vestidos e o chapeu cubertos de vieiras e a partir de entón todos os que peregrinan a Santiago levan nas súas roupaxes a cuncha venera.