A vella sona da ourivesaria galega, que nos chega a través dos textos de de Posidonio, de Plinio, de Silio, de Trogo, de Marcial… conta pra o seu apoio con unha peza máis, inédita ata o presente: o brazalete áureo atopado na parroquia ourensana de Santa María de Toén, no concello do mesmo nome.
A don Florentino L. Cuevillas, o caro investigador, debemos o conocimento do hachádego e das circunstanzas acompañantes, xustamente ca reproduzón fotográfica que ilustra estas liñas.
Foi polo visto no Outono do ano 1932 cando un veciño cavando nunha terra comprendida dentro dos termos da parroquia dita, con cava fonda topou un brazalete por baixo dunha pedra q a aúa vez situabase nas reigañas dun carballo