En tempos da conquista romana chegou a Barbança unha cohorte de tropas que puxeron en alerta aos celtas de Touta. A defensa dos celtas era impenetrable para os militares romanos.
Despois de moitas loitas, os romanos pagaron a un traidor e lograron coller prisioneira á filla do rei de Touta. Pedían a cambio da súa liberdade que deixasen as armas e un rescate en ouro. Os celtas da Barbança deixaron as armas para poder recuperar á filla do rei. Os romanos devolveron viva á princesa, pero cortáronlle os dous peitos. Desde entón, cóntase que o río Barbança antes de chegar ao mar, grita forte, case con máis forza agora, co mesmo ruído que semella ao que fan as armas ao caer ao chan unas sobre outras.
Ao borde do mar, os raparigos lanzan pedras para que ao rebotar sobre as augas fagan que os seus desexos se convertan en realidade.