A virxe de ouro do castro de Trelle

Un home de Pereira de Montes, freguesía de Sabucedo , contoulle a Florentino Cuevillas en 1928:
“Andaba eu na sega en Castela, nun lugar unha miga desvindo de Madrid, que se chama Alcobenda, cando un señor de alí, home moi rico e dono de moitas terras, preguntoume que de onde era eu, e o responderlle que de preto de Ourense díxome:
-Quen puidera ir alá, por aqueles campos hai un castro que lle chaman de Trelle en el hai soterrada moita riqueza e unha Virxe toda de ouro.