Aquelas frases que escoitaba cando neno.

Todos temos algún recordo da nosa infancia marcado por unha frase, unha adiviña, un conto ou quizais unha canción. Qué non lembra sentencias tan socorridas como “outra vaca no millo”, “xente nova e leña verde todo e fume” ou “quen ten cu ten medo”, moitas delas percorreron un longo camiño para chegar vivas ós nosos días, mentres que outras tantas perdéronse na noite dos tempos.

Este patrimonio, que os nosos antergos nos transmitiron tal e como o habían recibido, foi pouco a pouco difuminándose diante da omnipresencia de verba escrita e das rupturas que ela mesma xenerá, por un lado na dinámica da sua producción e por outro nas cadeas de transmisión.

Desde a Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén, pretendemos afrontar o reto de recopilar todo este patrimonio oral, para así evitar que se perda no olvido e asegurar os nosos descendentes o desfrute do inxenio dos seus antergos.

Si queres participar neste reto, so tes que facernos chegar as túas colaboracións a través do formulario disposto a tal fin, ou a través das nosas contas en Twitter e Facebook