Aquelas frases que escoitaba cando neno.

Todos temos algún recordo da nosa infancia marcado por unha frase, unha adiviña, un conto ou quizais unha canción. Qué non lembra sentencias tan socorridas como “outra vaca no millo”, “xente nova e leña verde todo e fume” ou “quen ten cu ten medo”, moitas delas percorreron un longo camiño para chegar vivas ós nosos días, mentres que outras tantas perdéronse na noite dos tempos.